AVALIACIÓN CONTINUA
O alumnado en modalidade presencial terá que asistir polo menos ao 75% das Clases Maxistrais e dos Seminarios para ser
avaliado nesta modalidade.
O alumnado que se acolla nun principio a avaliación continua, poderá renunciar a ela solicitándollo por escrito ao
profesorado da materia, tendo como data límite a 3ª semana de docencia.
Será necesario obter polo menos un 4 na proba de preguntas de desenvolvimento sobre todolos contidos da materia, para
ter en conta a nota obtida nos Seminarios.
AVALIACIÓN FINAL
O alumnado que non siga a modalidade de avaliación continua realizará un examen final sobre todolos contidos da materia.
Dito examen suporá o 100% da nota.
NOTA
As datas e horarios das probas de avaliación final serán as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobadas
pola "Xunta de Facultade" para o curso 2024-25.