Para a presentación e defensa pública do Traballo Fin de Grao é requisito previo imprescindible superar a totalidade do resto das materias do plan de estudos do Grao en Dereito. As datas de defensa pública do Traballo Fin de Grao son aprobadas pola Xunta de Facultade e publicadas na web da Facultade. Por normativa relativa a dobles titulacións, no caso do PCEO é imprescindible ter superadas tamén todas as materias tanto da titulación de ADE como de Dereito para defender ambos traballos. Non é posible a escisión por titulacións.
|