Resolución de problemas e/ou exercicios |
Resolución de problemas e/ou exercicios durante as clases prácticas ou no tempo/condicións establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
A aplicación desta técnica pode se presencial e non presencial. |
30 |
A3 A4
|
B3 B4
|
C16
|
D1 D5
|
Ao comezo do curso o alumno poderá optar de forma expresa polo sistema de avaliación continua ou polo sistema de proba final formalizando a opción nun documento que lle entregará o profesor. Primeira convocatoria de exame (maio): Os alumnos que opten polo sistema de avaliación continua, que supón a asistencia regular a clases tanto as correspondentes a sesións maxistrais como as de carácter práctico, a resolución de casos, a participación nas prácticas propostas polo profesor e na realización dun exame tipo test antes da finalización da materia, serán cualificados cunha porcentaxe do 30% nos casos prácticos, o 40% na avaliación tipo test e 30% na elaboración e exposición dun traballo individual ou colectivo. Para poder ter en conta as cualificacións obtidas durante o curso, os alumnos que opten por avaliación continua, en todo caso deberán aprobar o exame tipo test. Os alumnos que optasen pola proba final serán cualificados, única e exclusivamente, por dita proba de preguntas curtas (100% da nota). Segunda convocatoria de exame (xullo): Os alumnos do sistema de avaliación continua reservarase a cualificación da devandita avaliación (asistencia, casos e prácticas) e, por tanto, a proba final puntuarase co 40% da nota. Convocatoria fin de carreira: O 100% da nota obterase da realización dunha proba final de preguntas curtas a desenvolver. |