Na materia Tutela Procesal do Crédito seguiranse dous sistemas de avaliación, tanto na primeira convocatoria (maio/xuño) como na segunda (xullo): avaliación continua ou exame final
1º.- AVALIACIÓN CONTINUA. O sistema de avaliación continua consistirá en: a) 2 probas teóricas de resposta curta de carácter eliminatorio, que se realizarán nas datas indicadas na planificación docente que se proporcionará aos alumnos ao comezo de curso; a nota media obtida nestas probas representará o 40% da cualificación final, mais podense facer en un solo día xunto coa proba práctica (posibilidades excepcional, o normal e que faganse duas probas en dous dias diferentes) . O sistema busca a flexibilidades e axustarse ao interese do alumeado. b) 1 proba práctica escrita, que se realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que, xunto coa exposición e debate realizada polo alumno nos seminarios, representará o 40% da cualificación final. c) La intervención e desenvolvemento na clase, en especial certos temas que o profesor ofrezca a elexir polo alumenado, determinarán o 20% do resto da calificación. Para poder superar a materia, é necesario obter na proba práctica polo menos un 4 sobre 10. Podese facer a proba práctica e o úlitmo test o mesmo día. Notas importantes:
a) Para ser evaluado conforme ao sistema de avaliación continua, o alumno deberá facer, si así se acorda as dos probas de test, e en todo caso asistir regularmente as clase, ao menos o 50%.
Os/as alumnos/as que sigan o sistema de avaliación continua e que non superen a materia na primeira convocatoria (maio/xuño), de face á segunda convocatoria (xullo) poderán optar por:
- Que se lles manteña a cualificación obtida nas probas de resposta curta e na proba práctica realizadas durante o curso, nese caso o exame consistiría nunha proba teórica escrita sobre toda a materia. En tal caso, a nota media das probas de resposta curta e da proba práctica representaría o 50% da nota final, e a proba teórica escrita, o outro 50%.
- Facer un exame final nos términos que se indican a continuación.
2º.- EXAME FINAL. Os/as alumnos que decidan non seguir o sistema de avaliación continua ou que non realicen as actividades necesarias para ser evaludados conforme a este sistema, serán evaluados cun exame final, que se realizará na data fixada no calendario oficial de exames e que constará de:
a) Unha proba práctica escrita consistente no estudo dun caso. Esta proba práctica representará o 30% da cualificación final.
b) Unha proba teórica escrita sobre toda a materia, que representará o 70% da cualificación final.
Nota importante: para poder superar a materia a través do exame final, o/a alumno/a terá que superar as dúas partes do exame. É dicir, na proba práctica, terá que obter polo menos un 1,5 sobre 3; e, na proba teórica, un 3,5 sobre 7.
3º.- CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA.
Na convocatoria de fin de carreira, os/as alumnos/as serán evaluados mediante un exame final nos términos expostos anteriormente, que supoñerá o 100% da cualificación final.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2020-21 |