1.- O sistema de avaliación será o de avaliación continua. 2.- A estes efectos, ao longo do curso encomendaranse ao alumnado distintas
actividades prácticas e un seminario relacionado coas materias propias da
asignatura. 3.- Para acollerse ao sistema de avaliación continua o alumno/a terá que
asistir regularmente a clase. Para estes efectos, realizaranse controis
aleatorios de asistencia e considerarase que un alumno/a incumpriu este
requisito se acumula máis de dúas faltas de asistencia sen xustificar. 4.- Entenderase que un alumno/a acóllese ao sistema de avaliación continua
cando realice algunha das probas ou actividades programadas. Non resulta
posible renunciar á avaliación continua unha vez realizada algunha das probas
ou actividades. 5.- O alumnado que non se acolla ao sistema de sistema de avaliación
continua terá que realizar un exame final, que combinará preguntas teóricas e
prácticas, ao que lle asignará o 100% da nota. 6.- Para unha maior concreción das actividades de carácter práctico,
remitimos ao alumnado ao cronograma da asinatura que estará disponible en Moovi
ao comenzo do cuadrimestre. 7.- Datas dos exames: As aproba a Xunta de Facultade e publica na web da
Facultade. |