Poderase optar ao método de avaliación continua ou, alternativamente, ser avaliado polo 100% da nota máxima nunha avaliación final na data oficial establecida no calendario do centro. Por defecto considérase que todos os estudantes serán avaliados polo método de avaliación continua. Aqueles que desexen renunciar á avaliación continua deberán comunicalo á coordinadora da materia mediante correo electrónico antes do 16 de febreiro de 2025. AVALIACIÓN CONTINUA. A nota final da materia constará de: 1.- UN EXAME PARCIAL (4 puntos). Incluirá os temas do 1, 2 e 3; realizarase a metade do cuadrimestre (data pendente de determinar). 2.-ENTREGA DUN TRABALLO (3 puntos) con análise de datos macroeconómicos sobre un tema a sorteo. 3.- UN EXAME FINAL (3 puntos) Un examen final sobre o contido total da materia. Na convocatoria extraordinaria farase un examen final sobre o contigo total da materia cun valor do 100% da nota _____________________________________________________________________ ALUMNOS QUE NON SE ACOLLAN A AVALIACIÓN CONTINUA. CONDICIONS NECESARIAS PARA APROBAR: - Realizar un exame final (distinto ó da avaliación continúa) de todos os temas do programa. _________________________________________________________________________ Na convocatoria de Fin de carreira realizarase un exame que suporá o 100% da avaliación. |