Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito mercantil I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral O alumnado terá que realizar dúas probas teórico-prácticas, de 3,5 puntos cada unha.
Unha proba será sobre o Estatuto Xurídico do empresario, o Dereito da Propiedade Industrial e da Competencia, e o Dereito concursal. A segunda proba teórico-práctica será sobre o Dereito de sociedades
70
Seminario O alumnado terá que preparar un tema do programa da materia para a súa exposición oral na aula de clases prácticas 10
Prácticas de laboratorio Se plantexarán dous exames de preguntas obxectivas (proba tipo test), sobre cuestións resoltas nos casos prácticos realizados na aula. Cada exame terá unha valoración máxima de 1 punto.
20
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta competencia será evaluada nas dúas probas finais, que comprenden tanto cuestións teóricas como a resolución de pequenos supostos prácticos 0
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para acollerse ao sistema de avaliación continua o alumno/a terá que asistir regularmente a clase (teórica e práctica). Para estes efectos, realizaranse controis aleatorios de asistencia e considerarase que un alumno/a incumpriu este requisito se acumula máis de dúas faltas de asistencia sen xustificar.

Para superar a materia mediante o sistema de avaliación continua, o alumnado terá que obter un mínimo de 1,5 puntos no conxunto das probas consistentes nos test e no seminario, e un mínimo 3,5 puntos nas dúas probas teórico prácticas.

Entenderase que un alumno/a acóllese ao sistema de avaliación continua cando realice algunha das probas mencionadas (test, seminario o proba teórico práctica). Non resulta posible renunciar á avaliación continua unha vez realizada algunha das probas mencionadas.

O alumnado que non se acolla ao sistema de sistema de avaliación continua terá que realizar un exame final, que combinará preguntas teóricas e prácticas, ao que lle asignará o 100% da nota.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000