Educational guide 2024_25
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Dereito
 Materias
  Dereito penal I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios O sistema de avaliación ao que pode optar o alumnado é de dous tipos: avaliación continua ou avaliación global.

A asistencia ás clases prácticas é un factor esencial que se valora no proceso de avaliación continua. É preciso ter asistido ao 75% das clases prácticas para poder acceder ao sistema de avaliación continua. No caso de que por calquera motivo o alumnado non poida asistir ao 75%, non poderá participar no sistema de avaliación continua, debendo realizar un único examen final.
A proba de resolución de problemas e/ou exericicios consistirá nun exame escrito no que o alumnado debe resolver un ou varios casos prácticos.
A data, horario e lugar de realización desta proba serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024-2025.
Na avaliación continua esta constitúe a terceira proba, sumándose ás dúas probas tipo test que se explican no seguinte apartado, e supón o 40% da cualificación final da materia.
40 A2
A3
A5
B1
B3
B4
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas 1.ª proba tipo test: o sistema de avaliación continua consistirá en dúas probas parciais tipo test ao longo do curso e nunha proba final, consistente na resolución dun ou
varios casos prácticos, exposta anteriormente.
A dúas probas tipo test consistirán en sendos exames de 25 preguntas, con
catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as
correctas, non puntuándose as deixadas en branco.
O lugar, data e contido da primeira proba tipo test inddicarase polo coordinador da materia na primeira semana do curso.
A cualificación da primeira proba tipo test supón o 30% da cualificación
final da materia.
30 A2
A3
A5
B1
B3
B4
D1
D5
Exame de preguntas obxectivas 2.ª proba tipo test: o sistema de avaliación continua consistirá en dúas probas parciais tipo test ao longo do curso e nunha proba final, consistente na resolución dun ou
varios casos prácticos, exposta anteriormente.
A dúas probas tipo test consistirán en sendos exames de 25 preguntas, con
catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as
correctas, non puntuándose as deixadas en branco.
O lugar, data e contido da segunda proba tipo test inddicarase polo coordinador da materia na primeira semana do curso.
A cualificación da segunda proba tipo test supón o 30% da cualificación
final da materia.
30 A2
A3
A5
B1
B3
B4
D1
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 1.ª OPORTUNIDADE DE EXAME

a) SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA 
Descríbese nos apartados anteriores.

b) SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL: un único exame, que incluirá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da asignatura. 
Constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teórica consistirá nunha proba tipo test, de 50 preguntas, con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose as deixadas en branco. Esta parte representa o 60% da cualificación final. A parte práctica consistirá en resolver un ou varios casos prácticos. Esta parte representa o 40% da cualificación final. A cualificación final do exame será a suma das cualificaciones obtenidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes. 
As datas, horarios e lugar de realización destas probas serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024-2025.

2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA A 2.ª OPORTUNIDADE E FIN DE CARREIRA: un único exame, que incluirá a totalidade do temario e constitúe o 100% da cualificación da asignatura. 
Constará de dúas partes, unha teórica e outra práctica. A parte teórica consistirá nunha proba tipo test, de 50 preguntas, con catro posibles respostas, das cales só unha é correcta. Para a súa cualificación, as respostas incorrectas restan a metade do que suman as correctas, non puntuándose as deixadas en branco. Esta parte representa o 60% da cualificación final. A parte práctica consistirá en resolver un ou varios casos prácticos. Esta parte representa o 40% da cualificación final. A cualificación final do exame será a suma das cualificaciones obtenidas en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 puntos na suma da cualificación de ámbalas dúas partes. As datas, horarios e lugar de realización destas probas serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024-2025.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000