Resolución de problemas de forma autónoma |
En Avaliación Contínua, avaliaraáse e puntuaráse a resolución dos test propostos despois de cada tema.
En AC, este apartado de traballo persoal puntuaráse sobre un máximo global de 3 puntos (30%).
Será requisito necesario para obter puntuación neste apartado que o grupo de traballo ó que pertence cada estudante teña entregado alomenos 6 propostas de solución dos estudos de caso. |
30 |
|
|
C13 C19
|
D2 D3 D4 D5 D6 D11 D17 D18
|
Nesta asignatura realizaráse unha Avaliación Contínua (AC en adiante) do traballo realizado polo estudante, que será o sistema de avaliación preferente. Para superar a asignatura por AC deben cumprirse dúas condicións:
1) Alcanzar alomenos un 25% da nota en xogo en cada un dos tres apartados puntuabeis: proba IRPF, proba IS e tests.
2) Obter alomenos 5 puntos na suma destes tres apartados puntuabeis (probas IRPF e IS e tests).
A nota por AC será a suma das notas parciais obtidas no proceso.
O estudante non poderá continuar coas probas de AC se non acada alomenos un 25% na proba individual de IRPF.
Aqueles estudantes que non superen a materia por AC terán a opción de presentarse á proba de Avaliación Global (AG) na convocatoria ordinaria oficial. Esta proba de AG consistirá na realización de dous estudos de caso completos, un de IRPF e outro de IS. A proba de AG suporá o 100% da cualificación e non terá en conta os puntos obtidos na AC.
En caso de non presentarse á convocatoria ordinaria pero ter feito alomenos 3 prácticas e 3 tests en AC, se considerará "presentado" e a nota final será a obtida en AC. O alumnado que se presente á convocatoria extraordinaria ou á convocatoria fin de carreira realizará unha proba de Avaliación Global con dous estudos de caso (IRPF e IS). Esta proba suporá o 100% da cualificación.
(as datas dos exames finais poderán ser consultadas na páxina web do Centro: http://fcomercio.uvigo.es --------- Sempre e cando @ estudante supere a materia segundo os criterios antes descritos, sumaráselle á nota que obteña un máximo de 1 punto pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuatrimestre en que se imparta a materia, e que o profesorado desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas polo Centro, a Universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares.
Para elo, o profesorado da materia comunicará previamente ó alumnado polos medios habituais (en horas presenciais ou por Moovi) aquelas actividades nas que a participación suporá un incremento da nota. Bonificaráse a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 1 punto; en calquera caso a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10.
O alumnado deberá aportar algún documento acreditativo da súa participación en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, éste encargaráse de recopilar dita información e trasladárllela ó profesorado. |