Código |
Descrición |
C2 |
CE2. Coñecer as teorías que analizan a intervención do estado en materia económica e os seus instrumentos, así como o concepto de estratexia, a súa tipoloxía e obxeto. Saber vencellar o obxeto e as condicións dos programas de promoción económica coa estratexia e actividades dla organización, así como saber instrumentalos en apoio da estratexia empresarial. |
C3 |
CE3. Coñecer e saber interpretar a dimensión social da actividade económica, a dinámica das relacións sociais e as distintas realidades culturais que configuran o comercio, a sociedade de consumo e os estilos de vida. |
C6 |
CE6. Saber localizar, seleccionar e analizar a información e coñecer as variables que interveñen no comercio interior e internacional, co fin de orientar o deseño e implantación da estratexia e a xestión operativa do comercio. |
C13 |
CE13. Coñecer os regulamentos dos impostos, en particular os que afectan ás transaccións, co fin de saber cumprimentar as correspondentes declaracións, así como o réxime xurídico da obrigación tributaria e os procedimentos de aplicación dos tributos, en especial a liquidación, recadación e inspección. |
C19 |
CE19. Estar capacitado para discriminar a información relevante, en particular os custos e ingresos, con obxeto de apoiar o proceso de toma de decisións, a valoración de inventarios, a planificación e control e a mellora continua. |
D1 |
CT1. Habilidades de comunicación oral E escrita, tanto nas linguas oficiais da súa Comunidade como na lingua estranxeira elixida (inglés, francés ou alemán). |
D2 |
CT2. Habilidades de comunicación a través de internet e manexo das ferramentas multimedia. |
D3 |
CT3. Capacidade de aprendizaxe, traballo autónomo e planificación e organización do traballo. |
D4 |
CT4. Capacidade de análise e síntese, e pensamento crítico. |
D5 |
CT5. Capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos no contexto académico. En especial, para aplicar coñecementos e razoamentos multidisciplinares. |
D6 |
CT6. Capacidade para tomar decisións e resolver problemas. |
D8 |
CT8. Capacidade para liderar e traballar en equipo. |
D11 |
CT11. Capacidade de adaptación a novas situacións. |
D16 |
CT16. Iniciativa. |
D17 |
CT17. Atención ao detalle, precisión, motivación pola mellora continua. |
D18 |
CT18. Capacidade reflexiva sobre o propio traballo. |