AVALIACIÓN CONTINUA A Avaliación do estudante realizarase do seguinte xeito: - Exame final (40 % da nota final). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre que terá lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Escola da Facultade de Comercio. - Probas e actividades de seguimento (60 % da nota final). Estas actividades desenvolveranse nas sesións teóricas ou prácticas. Só se poderán realizar nas datas e sesións establecidas, debendo cada estudante asistir ao grupo que teña asignado para a realización das mesmas. As datas serán elixidas e aprobadas polos/as alumnos/as nas primeiras semanas de clase, partindo da proposta feita pola profesora o día da presentación da materia. Para superar a materia é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar un mínimo de 5 puntos na materia. O resultado da avaliación expresarase nunha escala de 0 a 10 puntos. No caso de superar o exame, a nota final da materia resultará da suma da nota acadada no exame, e nas probas e actividades de seguimento. En cambio, no caso de non superar o exame, a nota final da materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de0 a 10 puntos. Os/as alumnos/as que participen nalgunha proba de avaliación continua e non se presenten ao exame final cualificaranse como suspensos e a súa nota estará entre 0 e 4. AVALIACION NON CONTINUA As persoas que non desexen aproveitar o sistema de avaliación continua poderán facer un exame (100% da puntuación) cun nivel de dificultade superior ao anterior. Este terá lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Facultade de Comercio (https://fcomercio.uvigo.es/). O estudante deberá solicitar o sistema de avaliación non continua a través da plataforma MOOVI nas datas establecidas pola profesora. O exame dividirase en dúas partes: a primeira (que coincide co exame de avaliación continua) representará o 40 % da nota e a segunda, o 60 % restante (no que o seu nivel de dificultade será un pouco maior). Para superar a materia é necesario cumprir dúas condicións: superar a primeira parte e acadar un mínimo de 5 puntos na materia. Se non se supera a primeira parte, en actas aparecerá a nota desta nunha escala de 0 a 10 puntos. SEGUNDA CONVOCATORIA A segunda convocatoria rexerase polas mesmas normas. O exame da convocatoria extraordinaria terá lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Facultade de Comercio (https://fcomercio.uvigo.es/). CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA Na convocatoria de fin de carreira, plantexarase un exame que suporá o 100% da cualificación. Este terá lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Facultade de Comercio (https://fcomercio.uvigo.es/). OBSERVACIÓNS Calquera evidencia de probas plaxiadas ou copiadas, total ou parcialmente, suporá unha cualificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico. Todas as probas deberán ser entregadas a súa finalización e baixo ningún concepto porán ser sacadas fóra da aula. A revisión dos exames terá lugar no horario e lugar establecido pola profesora. Facilitarase o cronograma da materia a través de Google Calendar, o enlace para acceder estará a disposición dos/das alumnos/as antes do comezo do cuadrimestre. Nel farase constar as actividades a realizar en cada unha das sesións. |