AVALIACIÓNCONTINUA A Avaliación doestudante realizarase do seguinte xeito: - Exame final (40 %da nota final). Realizarase un único exame ao final do cuadrimestre que terálugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Escola da Facultadede Comercio. - Probas e actividades de seguimento (60 % da nota final). Estas actividades desenvolveranse nas sesións teóricas ou prácticas. Só se poderán realizar nas datas e sesións establecidas, debendo cada estudante asistir ao grupo que teña asignado para a realización das mesmas. As datas serán elixidas e aprobadas polos/as alumnos/as nas primeiras semanas de clase, partindo da proposta feita pola profesora o día da presentación da materia. Para superar amateria é necesario cumprir dúas condicións: superar o exame final e acadar unmínimo de 5 puntos na materia. O resultado da avaliación expresarase nunhaescala de 0 a 10 puntos. No caso de superar oexame, a nota final da materia resultará da suma da nota acadada no exame, e nasprobas e actividades de seguimento. En cambio, no caso de non superar o exame, a nota finalda materia será a resultante de expresar a nota do exame final nunha escala de0 a 10 puntos. Os/as alumnos/as que participen nalgunha proba de avaliacióncontinua e non se presenten ao exame final cualificaranse como suspensos e asúa nota estará entre 0 e 4. AVALIACION NONCONTINUA As persoas que nondesexen aproveitar o sistema de avaliación continua poderán facer un exame (100% da puntuación) cun nivel de dificultade superior ao anterior. Este terá lugarna data, hora e lugar establecido pola Dirección da Facultade de Comercio (https://fcomercio.uvigo.es/). O estudante deberásolicitar o sistema de avaliación non continua a través da plataforma MOOVI nasdatas establecidas pola profesora. O exame dividirase endúas partes: a primeira (que coincide co exame de avaliación continua)representará o 40 % da nota e a segunda, o 60 % restante (no que o seu nivel dedificultade será un pouco maior). Para superar amateria é necesario cumprir dúas condicións: superar a primeira parte e acadarun mínimo de 5 puntos na materia. Se non se supera a primeira parte, enactas aparecerá a nota desta nunha escala de 0 a 10 puntos. SEGUNDA CONVOCATORIA A segundaconvocatoria rexerase polas mesmas normas. O exame da convocatoriaextraordinaria terá lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección daFacultade de Comercio (https://fcomercio.uvigo.es/). CONVOCATORIA DE FINDE CARREIRA Na convocatoria defin de carreira, plantexarase un exame que suporá o 100% da cualificación. Esteterá lugar na data, hora e lugar establecido pola Dirección da Facultade deComercio (https://fcomercio.uvigo.es/). OBSERVACIÓNS Calqueraevidencia de probas plaxiadas ou copiadas, total ou parcialmente, suporá unhacualificación de suspenso en tódalas convocatorias do curso académico. Todasas probas deberán ser entregadas a súa finalización e baixo ningún conceptoporán ser sacadas fóra da aula. Arevisión dos exames terá lugar no horario e lugar establecido pola profesora. Facilitaraseo cronograma da materia a través de Google Calendar, o enlace para accederestará a disposición dos/das alumnos/as antes do comezo do cuadrimestre. Nel farase constar as actividades a realizar en cada unha das sesións. |