Educational guide 2024_25
Facultade de Comercio
Grao en Comercio
 Materias
  Mercadotecnia estratéxica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valorarase a asistencia, actitude e participación do alumnado como requisito para ter dereito á avaliación continua (ver outros comentarios). 2 B2
B6
C7
Estudo de casos Valorarase o desenvolvemento e entrega dos casos prácticos, así como a súa exposición. A resolución do caso debe ser fundada cunha explicación teórica. Tamén se realizarán probas tipo test de repaso. 18 B2
B3
B4
B5
B6
C24
Traballo tutelado Plan de marketing, en grupo ou individual
Caso práctico individual
10 B2
B3
B4
B5
C24
Exame de preguntas obxectivas Valoraranse os coñecementos mediante varias probas con preguntas tipo test e/ou de resposta curta (teoricas e prácticas). 30 B3
C7
C24
Exame de preguntas de desenvolvemento Valoraranse os coñecementos mediante preguntas de desenvolvemento (teóricas e prácticas). 40 B3
C7
C24
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA

Nesta materia séguese o sistema de avaliación continua. Con todo, pódese renunciar explicitamente á avaliación continua.

Unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do cuadrimestre, o alumnado dispoñerá dun prazo de 10 días hábiles para manifestar, formalmente e por escrito, a súa intención de acollerse ao sistema de avaliación global na convocatoria ordinaria do devandito cuadrimestre, renunciando así á avaliación continua. Para iso, deberá cubrir un formulario enviado por correo electrónico polo profesorado responsable da materia, e que precederá a enviar unha copia á persoa coordinadora do Grao (fc.organizacion@uvigo.es). En caso de non manifestar esta intención, enténdese que a/o alumna/o segue a avaliación continua, renunciando á avaliación global na convocatoria ordinaria do devandito cuadrimestre.

O alumnado en avaliación CONTINUA está obrigado a cumprir os seguintes requisitos:

- Asistir ás clases prácticas (80% mínimo). Os xustificantes de non asistencia analizaranse en cada situación en particular.

- Realizar todas as actividades programadas para as prácticas (habitualmente 1 por clase práctica). Deste xeito, se unha alumna ou alumno non asistise a clase (de forma xustificada) deberá entregar igualmente a/s tarefa/s ou actividade/s nos 3 días seguintes á data máxima de entrega, non tendo en conta a non asistencia só para o cálculo da porcentaxe de asistencia mínima (80%).

- Aprobar todas as probas, prácticas, exames..., é dicir, débese aprobar todas y cada unha das partes principais da materia (prácticas e exames) por separado, para poder optar á media da avaliación continua.

- A cualificación media final calcularase da seguinte forma:

(Puntuación da parte práctica x 0,18) +

(Participación e asistencia x 0,02) +

(Puntuación do traballo tutelado x 0,1) +

(Puntuación das probas parciais tipo test x 0,3) +

(Puntuación da proba final x 0,4)

O alumnado deberá obter un aprobado en todas as partes por separado, para poder optar ao aprobado na materia. Se non se aproba algunha parte non se ten dereito a facer media das puntuacións. As alumnas e alumnos que non cumpran os requisitos anteriores (asistencia mínima dun 80%, aprobar por separado prácticas, traballo e probas) terán que presentarse ao exame oficial da materia por AVALIACIÓN GLOBAL (cunha puntuación de 0 a10, sendo o "Aprobado" un 5), e este exame será diferente ao do alumnado de avaliación continua.

AVALIACIÓN GLOBAL

As alumnas e alumnos deben aprobar o exame fixado oficialmente (cunha nota mínima dun 5), que será diferente ao exame de avaliación continua. A materia que entrará para ambos tipos de avaliación (continua e global) para o exame final será tanto a impartida nas clases teóricas como a impartida nas clases prácticas, e todo o contido e material estará dispoñible en Moovi.

SEGUNDA OPORTUNIDADE EN XULLO PARA OS DOUS SISTEMAS DE AVALIACIÓN

Exame oficial da materia establecido polo Centro no seu calendario de exames, sendo o aprobado un 5 sobre 10. Excepcionalmente, mantense o sistema de avaliación continua (e anota obtida) para as alumnas e alumnas en avaliación continua que non aprobasen na oportunidade anterior.

ASPECTOS XERAIS

• En todos os sistemas, oportunidades e traballos o aprobado será o 50% da puntuación máxima. E deben superarse todos para poder optar a avaliación continua.

• Toda a materia impartida ao longo do cuadrimestre (clases de teoría, clases de práctica, material dispoñible en Moovi), é obxecto de entrar no exame.

• Ao longo do curso, nas clases de teoría, realizaranse unhas probas de repaso (preguntas tipo test), que se terán en conta para o cálculo da valoración da avaliación continua.

• Todos os exames terán unha parte de preguntas tipo test e outra parte de preguntas de desenvolvemento, podendo ser estas preguntas teóricas ou prácticas (resolución de exercicios/problemas).

• Sempre e cando os e as estudantes superasen a materia segundo os criterios antes descritos, sumarase á nota que obtivesen un máximo de 0,5 puntos pola participación en determinadas actividades externas que eventualmente teñan lugar durante o cuadrimestre en que se imparta a materia, e que o profesorado desta materia considere de interese. Poderá tratarse de actividades organizadas polo centro, a universidade, ou outras entidades, como visitas a empresas, charlas, mesas redondas, conferencias, talleres, seminarios, ou similares. Para iso, o profesorado da materia comunicará previamente ao alumnado, polos medios habituais (en horas presenciais ou por Moovi), aquelas actividades nas que a participación suporá un incremento da nota. Bonificarase a participación en cada actividade con 0,25 puntos, e ata un máximo de 0,5 puntos; en calquera caso, a nota final da materia non poderá superar o máximo de 10 puntos. O alumno ou alumna deberá achegar algún documento acreditativo da súa participación en cada actividade que desexe que se lle contabilice nos prazos indicados pola persoa que coordine a materia. No caso de actividades organizadas polo centro, este encargarase de recompilar a devandita información e trasladala ao profesorado.

CONVOCATORIA FIN DE CARRERA

Nesta convocatoria non se aplica o sistema de avaliación continua polo que os alumnos deberán superar (5 sobre 10) o exame na data establecida oficialmente. Examinaranse tanto da teoría como da práctica.

NOTAS FINALES

En todos os sistemas, oportunidades e convocatorias o aprobado é o 50% da nota máxima posible.

As datas dos exames poderanse consultar na páxina web do centro https://fcomercio.uvigo.es/docencia/examenes/ 

Un comportamento inadecuado na aula (valórase: participación, actitude, puntualidade) ou o uso inadecuado dos dispositivos móbiles poden afectar negativamente á cualificación final do alumnado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000