Código |
Descrición |
A2 |
Coñecer e adquirir competencia en técnicas experimentais para o tratamento da información cuántica: interaccións, medidas, oscilacións, interferencias, sistemas de comunicación,... |
A3 |
Comprensión e coñecemento dos fundamentos da Teoría da Información Cuántica, así como dos aspectos básicos dos catro tipos de tecnoloxías cuánticas: informática, comunicacións, metroloxía, simulación. |
A7 |
Adquirir e saber aplicar os principios básicos da computación cuántica: analizar, comprender e implementar algoritmos cuánticos, dominar as linguaxes informáticas adecuadas así como comprender o paradigma dos circuítos cuánticos. |
B2 |
Adquirir coñecementos sobre sistemas cuánticos con moitos graos de liberdade como medio de almacenamento e procesamento da información. |
B3 |
Coñecer as bases físicas que permiten codificar e procesar a información. Comprensión das novas regras que a Mecánica Cuántica impón para o seu procesamento. |
B5 |
Coñecer a teoría cuántica da información, as limitacións universais e as súas implicacións para a informática, as comunicacións e a metroloxía. |
C1 |
Analizar e desglosar un concepto complexo, examinar cada parte e observar como encaixan |
C2 |
Clasificar e identificar tipos ou grupos, mostrando como cada categoría é diferente das demais |
C3 |
Comparar e contrastar e sinalar semellanzas e diferenzas entre dous ou máis temas ou conceptos |