As tarefas de recoñecemento visual van desde a detección de obxectos en imaxes e vídeos, a clasificación de obxectos e o recoñecemento de instancias, ata o recoñecemento de accións humanas. No curso realizaremos un estudo das primeiras tarefas, xa que o recoñecemento de accións é o tema principal da materia Recoñecmento de Acción Humanas.
O obxectivo é que o alumnado adquira coñecementos e habilidades que lles permitan deseñar sistemas de detección de movemento de vídeo, segmentación e rastreamento baseados en movementos, clasificación e detección de obxectos en imaxes e vídeo, así como rastrexo visual de obxectos.