Guia docente 2024_25
Escuela de Ingeniería de Telecomunicación
Máster Universitario en Ciberseguridade
 Materias
  Seguridade en dispositivos móviles
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Exame de preguntas cortas sobre os contidos teóricos e prácticos revisados ao longo do curso, tanto nas sesións maxistrais, como nas prácticas de laboratorio. Este exame realizarase ao finalizar o cuadrimestre. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios Resolución de problemas nos que se faga uso dos coñecementos adquiridos tanto nas sesións de teoría como de prácticas. Esta proba realizarase ao longo do cuadrimestre, con entregas parciais nas datas indicadas polo profesorado. 25
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas O alumnado completará de forma individual cuestionarios e/ou informes de prácticas onde mostrarán a correcta realización e comprensión das prácticas. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

OPORTUNIDADE ORDINARIA

Seguindo as directrices propias da titulación ofertaranse a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global. 

Antes de que finalice a cuarta semana do curso, os e as estudantes deberán indicar ao profesorado da materia o sistema de avaliación elixido. Quen opte polo sistema de avaliación continua non poderá ser cualificado como "non presentado" se realiza unha entrega ou proba de avaliación con posterioridade á comunicación da súa decisión. 

Avaliación continua

A cualificación final da materia será igual á media aritmética ponderada das probas indicadas previamente. Para superar a materia a cualificación final debe ser maior ou igual que cinco. 

Avaliación global 

A cualificación final da materia será igual á media aritmética ponderada das probas indicadas previamente. Neste caso, a proba de resolución de problemas farase nunha única proba ao finalizar o cuadrimestre. Para superar a materia, a cualificación final debe ser maior ou igual que cinco. 

OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA

A avaliación consistirá en realizar un exame de preguntas obxectivas, un exame de resolución de problemas e entregar os informes de prácticas de todas as prácticas realizadas ao longo do curso. 

OUTROS COMENTARIOS 

As puntuacións obtidas solo son válidas para o curso académico en vigor. 

O uso de calquera  material durante a realización dos exames e probas de avaliación deberá ser autorizado explicitamente polo profesorado da materia. 

No caso de detección de plaxio nalgún dos traballos/probas realizadas, a cualificación final da materia será de suspenso (0) e os profesores comunicarán o asunto á dirección da escola para que tome as medidas que considere oportunas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000