1. Avaliación continua en oportunidade ordinariaSeguindo as directrices propias da titulación e os acordos da comisión académica, ofrecerase ao estudantado que curse esta materia un sistema de avaliación continua. Para poder optar á avaliación continua da materia non se poderá faltar a máis de 1 sesión maxistral, a máis de 1 sesión de prácticas, nin a máis de 1 sesión de proxecto; e só si se trata de faltas debidamente xustificadas. A cualificación final do estudantado que elixa esta vía non poderá ser "non presentado". A materia divídese en tres partes: teoría (20%), prácticas (30%) e proxecto (50%). As cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no que se realicen. A planificación das diferentes sesións estará dispoñible ao principio do cuadrimestre Quen non poida asistir eventualmente a algunha das probas de avaliación poderá recuperala, sempre que sexa posible dentro da planificación académica da materia e só se se trata dunha falta xustificada. 1.a TeoríaA asistencia a clase é obrigatoria. Para superar esta parte da materia só poderase faltar a 1 sesión de teoría, e só si se trata dunha falta debidamente xustificada. Nas primeiras semanas do curso encargarase a cada estudante, individualmente, que realice un traballo tutelado sobre unha temática relacionada coa materia. Para avaliar o traballo teranse en consideración a calidade dos resultados obtidos, da presentación e análise dos mesmos, así como da memoria final entregada. O prazo de entrega de dita memoria será debidamente programado e informado polo profesorado da materia. A nota do traballo tutelado (NTT) valorarase de 0 a 10. Se non se entrega o traballo ou non se presenta na data indicada terá unha nota NTT = 0. A nota final de teoría (NFT) será neste caso a nota obtida no traballo: NFT = NTT. Para superar a parte de teoría terase que obter una nota NFT >= 5. 1.b PrácticasRealizaranse sesións de prácticas de laboratorio de 2,5 horas en grupos de 2 estudantes (sempre que sexa posible). A parte práctica cualificarase mediante a avaliación continua de tódalas prácticas. Cada práctica avaliarase unicamente o día da práctica. O profesorado terá en conta o traballo previo de cada estudante para preparar as tarefas propostas e o traballo no laboratorio, así como o comportamento no posto. Cada práctica valorarase cunha nota (NP) entre 0 e 10 puntos. A nota das prácticas ás que se falte será de 0. Para superar a parte de prácticas non se poderá faltar a máis de 1 sesión, e só si se trata dunha falta debidamente xustificada. A nota final de laboratorio (NFL) será a media aritmética das notas das prácticas. 1.c ProxectoUnha vez presentadas as actividades a realizar, asignaranse os proxectos a cada grupo de 2 estudantes (sempre que sexa posible). O traballo presencial para realizar o proxecto levarase a cabo na sesión de prácticas restante (horas tipo B) e nas sesións de grupo reducido (horas tipo C). Para avaliar o proxecto teranse en conta: o traballo realizado durante as sesións de laboratorio, a funcionalidade e a presentación de resultados (FUN); e a calidade do informe de proxecto (INF). Cada unha destas partes valorarase cunha nota entre 0 e 10 puntos. A nota final de proxecto (NFP) será a suma ponderada das notas de cada parte: NFP = 0,8·FUN + 0,2·INF O proxecto valorarase de 0 a 10 e para superar dita parte a nota final de proxecto (NFP), terá que ser de polo menos un 5 sobre 10 e non se poderá faltar a máis de 1 sesión, e só si se trata dunha falta debidamente xustificada. 1.d Nota final da materiaNa nota final (NF), a nota de teoría (NFT) terá un peso do 20%, a nota de laboratorio (NFL) terá un peso do 30% e a nota de proxecto (NFP) do 50%. Para aprobar a materia será imprescindible superar a parte de teoría, a parte práctica e a parte de proxecto. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte: NF = 0,2·NFT + 0,3·NFL + 0,5·NFP. No caso de non ter superado algunha das partes (NFT < 5 ou NFP < 5), ou de ter faltado a máis de 1 sesión de teoría, ou a máis de 1 sesión de prácticas, ou a máis de 1 sesión de actividades de proxecto, a nota final nunca poderá ser superior a 4,9: NF = min{4,9 ; (0,2·NFT + 0,3·NFL + 0,5·NFP)}. Para aprobar a materia será necesario obter una nota final NF>=5. 2. Avaliación global en oportunidade ordinariaO estudantado que non opte pola avaliación continua poderá presentarse a unha proba de avaliación global que constará dunha serie de actividades similares ás que se contemplan en avaliación continua. Así, nas datas establecidas pola Comisión Académica do Máster (CAM) para a realización de dita proba, quen non opte pola avaliación continua deberá realizar un exame teórico e un exame de laboratorio. Ademais deberá realizar previamente un proxecto teórico-práctico individual e entregar o informe correspondente o mesmo día do exame final de teoría. O proxecto final deberá presentarse na semana seguinte á entrega de informes. Para poder presentarse á proba de avaliación global e para a asignación de proxecto, é obrigatorio poñerse en contacto co profesorado da materia a lo menos catro semanas antes da proba. O exame teórico constará dunha serie de preguntas de resposta curta e/ou tipo test que se valorará de 0 a 10 puntos. A nota final de teoría (NFT) será a cualificación obtida. O exame de laboratorio consistirá na resolución de exercicios prácticos no laboratorio, similares aos realizados durante o cuadrimestre. A proba práctica valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de laboratorio (NFL) será a cualificación obtida. Para avaliar o proxecto teranse en conta a presentación dos resultados obtidos e a calidade do informe final do proxecto. A parte de proxecto valorarase de 0 a 10 puntos e a nota final de proxecto (NFP) será a cualificación obtida. Para aprobar a materia será imprescindible obter un mínimo de 5 puntos sobre 10 en cada unha das partes. Neste caso a cualificación final será a suma ponderada das notas de cada parte: NF= 0,2·NFT + 0,3·NFL + 0,5·NFP No caso de non ter superado algunha das partes (NFT < 5 ou NFL < 5 ou NFT < 5), a nota final nunca poderá ser superior a 4,9: NF = min{4,9 ; (0,2·NFT + 0,3·NFL + 0,5·NFP)}. Para aprobar a materia será necesario obter una nota final NF>=5. 3. Avaliación en oportunidade extraordinaria e en adianto de convocatoriaA avaliación en oportunidade extraordinaria e en adianto de convocatoria terá o mesmo formato que a avaliación global (apartado 2). A proba de avaliación celebrarase nas datas que estableza a CAM e consistirá nun exame de teoría, un exame de laboratorio e a entrega dun proxecto teórico-práctico individual. Para presentarse a dita proba e para a asignación de proxecto, é obrigatorio poñerse en contacto co profesorado da materia a lo menos catro semanas antes da proba. O cálculo da nota final da materia realizarase tal e como se explica no apartado 1 para o estudantado que teña apta a parte de teoría en avaliación continua, e como se explica no apartado 2 para o resto. Ao alumnado que se presente á avaliación en oportunidade extraordinaria conservaráselle a nota que obteña na oportunidade ordinaria (avaliación continua ou global) nas partes ás que non se presente. |