A materia pode superarse mediante Avaliación
Continua segundo os criterios que se indican máis adiante, tendo aberta a
posibilidade de optar pola Avaliación Única en calquera momento ata
o comezo do exame final a celebrar o día fixado para ese efecto no
calendario oficial da EET. O estudantado que opte pola
avaliación continua considerarase presentado se se avalía da parte do
traballo en Talleres. Avaliación Continua: A nota final resultará da suma das notas
correspondentes ao tres compoñentes seguintes: 1. Tres probas escritas para avaliar os contidos impartidos nas clases maxistrais.
Cada proba terá lugar nunha das sesións maxistrais, excepto a última
que se realizará nunha das sesións do Taller. Puntuación:
Ata 2 puntos cada proba. (T=t1+t2+t3) 2. Unha proba na última sesión de laboratorio sobre todas as prácticas propostas. Puntuación:
Ata 2 puntos. (L) 3. Presentación
do Proxecto proposto como traballo (en grupo) nas sesións do Taller. Puntuación:
Ata 2 puntos. (P) Para aprobar a
materia por Avaliación Continua teranse que dar o tres condiciones
seguintes: (i) obter unha cualificación igual ou superior a 2 puntos no
conxunto das probas escritas; (ii) cualificación superior a 0,75 puntos na proba práctica; e (iii) asistir a todas as sesións
presenciais de taller e obter máis de 0 puntos na presentación do
proxecto. No caso de cumprirse os tres requisitos anteriores, a nota final da Avaliación Continua será a suma dos tres compoñentes (Nota=T+L+P). Se non se cumpre algún dos tres requisitos, a nota será de suspenso (Nota=min[4.9, T+L+P]). Avaliación Global: Mediante un exame sobre 10 puntos fixado no
calendario oficial da EET. Oportunidade Extraordinaria e Convocatoria e de Fin de Carreira: Rexerase polo indicado para a Avaliación Global. |