Lección maxistral |
Os obxectivos desta metodoloxía son a exposición dos contidos teóricos, e a comprobación periódica do grao de asimilación dos mesmos por parte do alumnado.
Ao longo destas sesións suscitaranse exercicios e/ou problemas enfocados ao ámbito específico
de estudo, que serán resoltos polo profesor ou ben polos alumnos co apoio do profesor,
ben de xeito individual ou grupal.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4, CE4, CT2 e CT3. |
Prácticas con apoio das TIC |
Estas sesións adicaranse a resolución tutelada, de xeito individual e/ou grupal, de supostos prácticos vinculados aos contidos teóricos da asignatura.
As solucións obtidas poderán ser contrastadas e/ou analizadas facendo uso de ferramentas
informáticas.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4 e CE4. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse sesións prácticas no laboratorio de hardware nas que se abordarán exercicios de montaxe e medida de circuítos básicos.
Con esta metodoloxía trabállanse as competencias CG3, CG4 e CE4. |