MEMORIA DE ACTIVIDADES: O alumno/a deberá entregar unha memoria
explicativa das actividades realizadas durante as prácticas, especificando
a súa duración, as unidades ou departamentos da empresa en que se realizaron, a
formación recibida (cursos, programas informáticos, etc.), o nivel de
integración dentro da empresa e as relacións co persoal.
A memoria debe incluír tamén un apartado de conclusións, que conterá unha
reflexión sobre a adecuación dos ensinos recibidos durante a carreira para
o desempeño da práctica (aspectos positivos e negativos
máis significativos relacionados co desenvolvemento das prácticas).
Valorarase, ademais, a inclusión de información sobre a experiencia profesional
e persoal obtida coas prácticas (valoración persoal da aprendizaxe conseguida
ao longo das prácticas e suxestións ou achegas propias sobre a estrutura e
funcionamento da empresa visitada).
A valoración da memoria será o 60% da nota final.
AVALIACIÓN DO TITOR NA EMPRESA: O titor da empresa entregará un
informe valorando aspectos relacionados coas prácticas realizadas polo
alumno:puntualidade, asistencia, responsabilidade, capacidade de traballo en
equipo e integración na empresa, calidade do traballo realizado,
etc.
A valoración do titor na empresa será o 40% da nota final.