Código |
Descrición |
B1 |
CG1 Capacidade para redactar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñería de telecomunicación que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no epígrafe 5 desta orde, a concepción e o desenvolvemento ou a explotación de redes, servizos e aplicacións de telecomunicación e electrónica. |
B4 |
CG4 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, para a toma de decisións, a creatividade, e para comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación. |
B6 |
CG6 Facilidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento. |
B7 |
CG7 Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas. |
B8 |
CG8 Coñecer e aplicar elementos básicos de economía e de xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como de lexislación, regulación e normalización nas telecomunicacións. |
B9 |
CG9 Capacidade para traballar nun grupo multidisciplinar e nunha contorna multilingüe e de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas coas telecomunicacións e a electrónica. |
B11 |
CG11 Saber aproximarse a un problema novo abordando primeiro o esencial e despois o accesorio ou secundario. |
B12 |
CG12 Desenvolvemento da capacidade de discusión sobre cuestións técnicas. |
C54 |
(CE54/PY1) Capacidade para a elaboración de propostas de proxectos técnicos conforme aos requirimentos especificados nunha convocatoria. |
C55 |
(CE55/PY2) Capacidade para a dirección técnica dun proxecto de telecomunicación. |
C56 |
(CE56/PY3) Capacidade para a xestión económica e de recursos humanos dun proxecto de telecomunicación. |
C57 |
(CE57/PY4) Capacidade para a elaboración de informes técnicos e de seguimento dun proxecto de telecomunicación. |
D1 |
CT1 Desenvolver a autonomía suficiente pa levar a cabo traballos do ámbito temático das Telecomunicacións en contextos interdesciplinares. |
D2 |
CT2 Concibir a Enxeñaría no marco do desenvolvemento sostible. |
D4 |
CT4 Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais. |
D5 |
CT5 Capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en lingua galega. |