Código |
Descrición |
A1 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, adoito nun contexto de investigación. |
A2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
A3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
A4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades. |
A5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo. |
B4 |
Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar te trasnmitir coñcecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría biomédica |
B5 |
Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos, informes, planes de labores e outros traballos análogos. |
B7 |
Capacidade para analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas. |
B9 |
Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións. |
B10 |
Coñecemento, comprensión e capacidade de aplicar lexislacións relacionadas co campo da Enxeñaría Biomédica. |
B11 |
Recoñecer as responsabilidades éticas e profesionais en situacións de enxeñería biomédica e de emitir xuízos informados, que deben considerar o impacto das solucións de enxeñería biomédica en contextos globais, económicos, ambientais e sociais. |
C13 |
Capacidade para identificar as necesidades na organización e xestión de servizos de enxeñería clínica nos centros sanitarios. |
D1 |
Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria. |
D3 |
Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. |