Nesta materia aprenderemos a procesar encefalogramas, electromiogramas e electrocardiogramas, extraer as súas características e clasificalas automaticamente empregando técnicas de machine learning. A metodoloxía de aprendizaxe é de "hands-on" utilizando Matlab desde o primeiro día. O alumnado debe traer o seu portátil a todas as sesións de aula.