Prácticas de laboratorio |
Realización en grupo, coa orientación do profesor e coa participación activa dos seus membros, de exercicios e problemas interdisciplinares, o máis próximos posible a casos reais. |
35 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C1 C3 C7 C9 C10
|
D2 D3 D4 D5 D8 D10
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Grupo de cuestións de resposta curta relacionados cos contidos da materia, para comprobar que os estudantes entenderon e asimilaron os contidos teóricos e prácticos. |
20 |
A2 A4
|
|
C1 C7 C9
|
D3 D5 D10
|
Na modalidade de avaliación continua os alumnos superan a materia se
alcanzan a puntuación de cinco puntos. Esíxese un mínimo do 50% da nota máxima en cada parte e
cada sub-parte. A modalidade de avaliación continua será liberatoria, debendo
recuperar só aquelas partes non superadas ao longo do proceso de avaliación
continua. Tamén poderán presentarse ao exame oficial completo quen, aínda habendo
superando a materia na modalidade de avaliación continua, desexen modificar a
cualificación obtida. Os alumnos que non superen a materia na primeira
convocatoria deberán de realizar unha proba final que contemplará a totalidade
dos contidos da materia, tanto teóricos como prácticos, e que poderá incluír
probas de resposta corta, de resposta longa, resolución de problemas e
desenvolvemento de supostos prácticos. Espérase que o alumno presente un comportamento ético adecuado. No caso de
detectar un comportamento non ético (copia, plaxio, utilización de aparellos
electrónicos non autorizados, e outros) considerarase que o alumno non reúne os
requisitos necesarios para superar a materia. Neste caso a cualificación global
no presente curso académico será de suspenso (0,0). Non se permitirá a utilización
de ningún dispositivo electrónico durante as probas de avaliación salvo
autorización expresa. O feito de introducir un dispositivo electrónico non
autorizado na aula de exame será considerado motivo de non superación da
materia no presente curso académico e a cualificación global será de suspenso
(0,0). |