O estudante poderá elixir entre o
sistema de avaliación continua e o de avaliación global. Por defecto, os estudantes estarán
en avaliación continua, tendo un mes de prazo desde a primeira clase para
renunciar a este sistema e optar polo sistema de avaliación global se así llo
comunican ao profesor. O sistema de avaliación continua
consistirá na realización dun exame na data oficial sobre os contidos do
curso, de interaccións durante as clases e da preparación e presentación dun
caso de estudo. Para superar a materia, será preciso acadar polo menos un 5/10
de media. Os estudantes que asistan a
clase en liña deberán estar activos e ter en todo momento a cámara conectada. O sistema de avaliación global
determinarase exclusivamente polo resultado do exame final oficial e incluirá os casos de estudo presentados polos demáis estudantes. Na segunda oportunidade,
unicamente será posible a avaliación global. |