O sistema de avaliación nas convocatorias ORDINARIA E EXTRAORDINARIA consta de dúas alternativas: 1. Avaliación CONTINUA (AC): a nota final será a suma das notas obtidas na/s proba/s intermedia/s de avaliación realizadas ao longo do cuadrimestre (cunha ponderación do 40% sobre o total), e da nota obtida nas 2 probas
parciais realizadas, unha ao longo do cuadrimestre e a última na data do exame final (cunha ponderación do 30% cada unha delas).
2. Avaliación GLOBAL (AG): exame final (100%).
IMPORTANTE: - O alumnado pode elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación continua (AC) ou alternativamente, optar por unha proba de Avaliación Global (AG). - A avaliación por defecto é a AC. - O alumnado poderá elixir AG segundo o procedemento e o prazo establecido polo profesorado. A elección de AG supón a renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC que resten e a cualificación obtida ata ese momento en calquera das probas que xa tiveron lugar.
- EC en primeira e segunda convocatoria:
a. Avaliación: Na/s proba/s intermedia/s e parciais darase a coñecer a través de Moovi o contido a avaliar en cada proba.
b. Non é necesario obter unha nota mínima en cada parte.
c. A nota mínima para aprobar sitúase en 5 puntos sobre 10.
d. As prácticas non son obrigatorias.
- EG en primeira, segunda convocatoria e convocatoria DE FIN DE CARRERA:
a. O alumnado será avaliado mediante un exame que puntúa o 100% da cualificación final. A nota mínima para aprobar sitúase en 5 puntos sobre 10.
b. Este exame PODERÁ SER DIFERENTE e cun nivel de dificultade maior que o realizado baixo a opción de Avaliación CONTINUA.
Aclaracións:
- Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurará nas actas como "non presentados". - Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d24eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) - As datas e horas da última proba de AC e da proba de AG (de primeira, segunda convocatoria e fin de carreira) son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2024/25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade, http://fccee.uvigo.es/organizacion-docente.html. - O horario de titorías estará especificado na plataforma Moovi da asignatura. |