Resolución de problemas e/ou exercicios |
Proba II avaliación continua TEMAS 4 e 5 |
40 |
A5
|
B7
|
C6 C10
|
D5 D6
|
A materia poderá aprobarse por avaliación continua mediante a realización de tres probas cunha ponderación do 40%, 40% e 20%, respectivamente. Agora ben, para a realización da media aritmética entre as tres probas e poder aprobar por avaliación continua, será necesario obter polo menos un 4 sobre 10 puntos nas dúas primeiras probas, as que teñen unha ponderación do 40%.
No caso de que o alumno renuncie á avaliación continua non presentándose á primeria proba de avaliación ou non cumpra os requisitos mínimos establecidos no parágrafo anterior, poderá realizar unha proba de avaliación global na data fixada no calendario oficial de exames para a convocatoria de primeira ou segunda oportunidade do curso 24-25.
Na convocatoria de fin de carreira haberá unha única proba de avaliación global.
As datas e horas das probas de avaliación global (primeira e segunda oportunidade) estarán dispoñibles na páxina web da facultade http://fccee.uvigo.es |