O alumnado poderá elixir ser avaliado mediante o sistema de avaliación
continua (AC), ou alternativamente optar por unha proba de Avaliación
Global (AG). A avaliación por defecto é a AC. Nembargantes, o alumnado poderá elixir
AG comunicando por correo electrónico ó profesorado responsable da
materia a renuncia á AC antes do 15 de outubro. A elección de AG supón a
renuncia ao dereito de seguir avaliándose mediante as actividades de AC
que resten e á cualificación obtida ata ese momento en calquera das
probas que xa tiveron lugar. Considerarase que o alumnado se ten presentado á avaliación continua cando, non tendo renunciado á AG no prazo establecido, se teña presentado a algunha das probas/actividades de avaliación desta modalidade. Na AC poderán realizarse duas probas parciais, cunha ponderación dun 30% cada unha delas, e dous tests, cunha ponderación dun 20% cada un deles. Na 2ª oportunidade (convocatoria extraordinaria de xullo), so se
seguirá o método de avaliación global e o alumnado será avaliado
mediante un exame que suporá o 100% da cualificación e realizarase nas datas oficiais
establecidas no calendario de exames aprobado polo Centro (http://fccee.uvigo.es). Na AG para calquera oportunidade e na convocatoria de Fin de Carreira, o alumnado
será avaliado mediante a realización dun exame que suporá o 100% da
calificación. As datas e horas das probas de AG (de primeira e segunda
oportunidade) son as especificadas no calendario de probas de avaliación
aprobado polo Centro. En caso de conflito ou disparidade entre as datas
de exames, prevalecerán as publicadas na web da facultade (http://fccee.uvigo.es). Os estudantes que non participen na AC nin na AG, figurarán nas actas como "non presentados". Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII sobre o uso de medios ilícitos do "Regulamento sobre a Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado" (https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/show/565). As titorías se solicitarán mediante cita previa por correo electrónico. |