Guia docente 2024_25
Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
Grao en Economía
 Materias
  Economía: Principios de economía II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas O longo do cuadrimestre os estudantes entregarán directamente exercicios realizados nas propias clases, e outros que se propondrán para entrega na plataforma MOOVI 20 C5
C6
C8
D5
Exame de preguntas obxectivas Ao longo do cuadrimestre realizaranse dous exames sobre os contidos teóricos e prácticos vistos en clase. Cada exame parcial suporá un 30% da nota final 60
Traballo Ao final do cuadrimestre, o alumno entregará un traballo sobre crecemento e desenvolvemento económico no que se plasmarán todos os conceptos teóricos e prácticos traballados na materia. Avaliaranse tanto os coñecementos adquiridos como a xestión dos recursos propios, a iniciativa e a orixinalidade. 20 C5
C6
C8
D5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
  •  AVALIACIÓN CONTINUA

A nota do alumno constará de varias partes:

  1. A presentación de exercicios nas clases prácticas, exercicios propostos na clase (ambos deberán subir os á plataforma), máis outros exercicios propostos ao longo do curso, até un 20% da nota.
  2. Realización dun traballo (20%).
  3. Realización de dous exames escritos ao longo do cuadrimestre, cada un deles valerá un 30% da nota.

A nota final do alumno será a suma de todas elas.


OS ALUMNOS QUE QUEIRAN OPTAR A MATRÍCULA DE HONRA DEBERÁN REALIZAR UN EXAME ORAL AO FINAL DO CUADRIMESTRE NA DATA OFICIAL DO EXAME. 

PARA APROBAR A MATERIA NA MODALIDADE DE AVALIACIÓN CONTINUA É IMPRESCINDIBLE PRESENTARSE A TODOS OS ELEMENTOS DA AVALIACIÓN CONTINUA, OBTER UNHA NOTA MÍNIMA DE 4 PUNTOS SOBRE 10 EN CADA UN DELES, E QUE A MEDIA PONDERADA DE TODOS SEXA COMO MÍNIMO 5 PUNTOS.

Si un alumno non supera o curso pola avaliación continua, deberá presentarse á proba de avaliación global (exame teórico e práctico) que representará o 80% da cualificación, para o restante 20% mantense a nota do traballo entregado sobre crecemento e desenvolvemento económico.



  • AVALIACIÓN GLOBAL : alternativamente ao sistema de avaliación continua, o estudante pode escoller ser avaliado cunha proba de avaliación global (exame teórico e práctico) que representará o 100% da cualificación.


POR DEFECTO CONSIDERÁSE QUE TODO O ALUMNADO SE AVALIA POLO MÉTODO DE AVALIACIÓN CONTINUA. TODOS OS QUE QUEIRAR RENUNCIAR A ESTE MÉTODO DE AVALIACIÓN DEBERÁN FACER ANTES DO 1 DE MARZO DE 2025 AVISO AO COORDINADOR DA MATERIA (contactar en MOOVI)


  • Convocatoria para o final da carreira: un exame oral suporá o 100% da cualificación.

As datas dos exames da materia estarán dispoñibles na páxina web da Facultade (http://fccee.uvigo.es).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000