Os estudantes poderán optar pola avaliación continua (100% nota final) ou, de maneira
alternativa, pola evaluación global de toda a materia nos
exames finais das convocatorias oficiales (100% nota
final).
Unha vez superado o prazo dun mes desde o comezo do
cuadrimestre, o alumnado disporá dun prazo de 10 días habiles para
manifestar, formalmente e por escrito, a súa intención de acollerse ao
sistema de avaliación global na convocatoria ordinaria
de devandito cuadrimestre, renunciando así á avaliación continua. Nas convocatorias oficiais o exame suporá o 100% da cualificación. As datas dos exames pódense consultar na Web da Facultade: http://fccee.uvigo.es As diferenzas entre sistemas de avaliación entre os distintos
centros que imparten o Grao en Administración de Empresas na
Universidade de Vigo xustifícanse pola necesaria adaptación a
medición da consecución dos mesmos resultados de aprendizaxe e
adquisición de iguais competencias ás diferentes organizacións
docentes de cada Centro, especialmente en canto a tipo de grupos
e número medio de alumnos por grupo. |