Sesións de 50 minutos tres veces á semana. Utilizaranse figuras de Power-Point
Obradoiro
Visita ao laboratorio de neurociencia, unha mañá ou unha tarde, para ver un experimento de cultivo neuronal ou ben un experimento de electrofisiología real.
Prácticas con apoio das TIC
Estudo do papel das canles iónicas no comportamento neuronal. Experimentos de fixación de corrente simulados por computador. Utilizaremos o programa Neuron de Huguenard e McCormick. 2 horas
Estudo das correntes iónicas a través da membrana. Experimentos de fixación de voltaxe simulados por computador. Utilizaremos o programa Neuron de Huguenard e McCormick. 2 horas