Educational guide 2024_25
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Bioloxía Mariña
 Materias
  Bioloxía de Especies Explotadas e Potencialmente Explotables
   Contidos
Tema Subtema
As macroalgas mariñas como recurso Ciclos de vida e tipos biolóxicos. Usos das macroalgas mariñas: alginófitos, agarófitos, carragenófitos, ulvanófitos e algas alimentarias. Valor ecolóxico e servizos ecosistémicos das macroalgas mariñas. Metodoloxías de estudo da súa bioloxía, distribución e abundancia. Principais especies de macroalgas mariñas de interese económico das costas atlánticas peninsulares. Boas prácticas e indicadores de sustentabilidade da explotación e cultivo de macrolagas mariñas.
Os invertebrados mariños como recurso Principais especies de invertebrados mariños bentónicos explotadas actualmente en Galicia. Ciclo vital e dinámica de poboacións. Hábitat, abundancia e distribución xeográfica. Especies asociadas a fondos rochosos: semente de mexillón, ostras, percebe e ourizo de mar. Especies asociadas a sustratos blandos: berberecho, ameixa, navalla e outros moluscos bivalvos. Outras especies explotadas ou potencialmente explotables.
Especies peláxicas, demersais e de fondo Introdución ás principais características oceanográficas dos ambientes peláxico, e costeiros de Galicia, para comprender as principais interaccións das especies obxecto de estudo co seu ambiente. Posteriormente, abordarase o estudio do ciclo vital e os aspectos biolóxicos esenciais implicados na dinámica das poboacións explotadas das principais especies peláxicas e demersais de peixes. O estudo se centra no bonito do norte (Thunnus alalunga) como especie modelo do ambiente peláxico oceánico, e a xarda (Scomber scombrus) dentro do ambiente peláxico costeiro. En canto as especies demersais e de fondo, se estudian a pescada (Merluccius merluccius) e a maragota (Labrus bergylta).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000