Educational guide 2024_25
Facultade de Bioloxía
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade: Formación Profesional. Formación e Orientación Laboral
 Materias
  Innovación Docente e Iniciación á Investigación na Formación Profesional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Actividades de aula e observación e seguimento da asistencia e a participación do alumno ou alumna 20
Traballo Texto elaborado como proxecto de innovación docente e que ha de
redactarse seguindo unhas normas establecidas.
40
Traballo Texto elaborado como proxecto de innovación docente e que ha de
redactarse seguindo unhas normas establecidas.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Alumnado da modalidade de
Avaliación Continua:



Para o alumnado que opte pola
modalidade de Avaliación Continua, as actividades de aula e os
traballos de innovación docente e de investigación educativa, serán
obrigatorios. Ademáis, computarase a asistencia a clase, que tamén será
obrigatoria (requírese a asistencia regular a polo menos o 80% das sesións). Os
traballos entregaranse a través da plataforma (Moovi), segundo o calendario que
se estableza. 



Para aprobar a materia será
necesario obter polo menos o 50% da cualificación proposta en cada apartado
obxecto de avaliación: Traballo tutelado, Traballo de Innovación e Traballo de
Investigación. Os e as estudantes que non superen algunha destas probas de
avaliación, poderán recuperala/s na convocatoria de xullo.



 



Alumnos da modalidade de Avaliación
Global:



O alumnado que non poida seguir a
avaliación continua, o indicará ao docente a
primeira semana de clase, e realizará unha proba dos contidos da materia na data
marcada no calendario do mestrado para os exames oficiais. Esta proba
basearase no rigor e afondamento nos coñecementos e competencias que debe
acadar o alumnado na materia, suporá o 100% da nota final, e estará
estructurada da seguinte forma: unha parte, con preguntas obxectivas: 40%;
outra parte, con preguntas curtas e/ou de desenvolvemento: 40%; e unha parte,
con supostos e/ou casos prácticos: 20%. Os pormenores e características
de dita proba serán concretados polo profesorado o día da presentación da
materia ou cando se faga a consulta persoalmente. 



Para superar a materia, o alumnado
de avaliación global, haberá de obter, como mínimo o 50% da nota
proposta en cada unha das probas de avaliación sinaladas. Os e as
estudantes que non superen algunha das probas de avaliación, poderán
recuperala/s na convocatoria de xullo.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000