O Traballo Fin de Grao (TFG) forma parte do módulo Traballo e Proxecto Fin de Grao do plan de estudios do título de Grao en Bioloxía.
A materia Traballo Fin de Grao consistirá na realización dun traballo de forma individual polo estudante, contando coa titorización dun/unha profesor/a, e permitirá demostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas o título.
O Traballo Fin de Grao ríxese pola normativas aprobadas para esta materia pola Universidade de Vigo e pola Facultade de Bioloxía. A xestión de todos os procesos desta materia corre a cargo da Comisión de Traballo Fin de Grao (Comisión de TFG), nomeada pola Facultade a tal efecto.
A materia non ten un horario fixado no calendario escolar, ainda que normalmente realizase durante o segundo cuatrimestre do curso.