Seminario |
I. Os estudantes, guiados polo profesor, documentaranse (buscar, valorar, clasificar e seleccionar información) sobre un tema ou un problema relacionado co programa da materia e, co material seleccionado, prepararán un informe.
II. Os/as estudantes, no seminario, traballarán sobre o tema utilizando a información conseguida por eles, así como con documentos que poida achegar o profesorado. Cos coñecementos adquiridos prepararán unha ficha resumen do tema e presentarano aos seus compañeiros e ao profesorado. Manterán co profesor e os seus compañeiros un debate sobre o devandito tema e resolverán as cuestións que xurdan relacionadas co mesmo.
|