Consideracións antes de matricularse en Bioinformática: https://darwin.uvigo.es/docencia/binf2425/matricula.html
Esta materia baséase case na súa totalidade na resolución de problemas. É necesario un esforzo continuo de varias horas ao longo de todas as semanas do curso. A aprendizaxe é secuencial e cada novo paso depende dos anteriores, parécese moito ás matemáticas nese sentido. Terá que traballar moito por conta propia, repetindo tarefas e comprobando as solucións. Temos 100 horas non presenciais, e terás que utilizalas.
Para cursar esta materia non se precisan coñecementos previos de ningunha linguaxe de programación, pero si son necesarios coñecementos básicos do uso de ferramentas informáticas (por exemplo, manexo dun portátil; apertura e peche de programas; acceso a Internet). Espérase que poidas ler titoriais básicas do programa en inglés.
|