Educational guide 2024_25
Facultade de Bioloxía
Grao en Bioloxía
 Materias
  Microbioloxía I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas de laboratorio 1) Entrega de resumos diarios, e informe, das prácticas realizadas (5%) ao final de cada sesión.

2) Proba individual de preguntas obxectivas, desenvolvemento e resolución de exercicios (28%), a realizar o último día de prácticas.

A proba non superada, ou non realizada, só será recuperable na Segunda Convocatoria.

A asistencia ás clases prácticas é obrigatoria. Admítese unha única falta de asistencia por causa de forza maior e documentación documentada.
33 B3
B4
C1
C3
C4
Seminario Seminario I (6%): entrega dun traballo realizado en grupo.

Seminario II (6%): proba escrita individual, con preguntas curtas de desenvolvemento.
Tanto o traballo como a proba realizaranse durante os seminarios. As probas suspensas non serán recuperables no exame final.

A asistencia aos seminarios é obrigatoria. Admítese unha única falta de asistencia por causa de forza maior e documentación documentada.
12 B4
B6
D5
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario de preguntas objetivas relativo a la parte I del programa 11 A2
C1
C2
C4
C6
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario de preguntas objetivas relativo a la parte II del programa 11 A2
C1
C2
C4
C6
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario de preguntas objetivas relativo a la parte III del programa 11 A2
C1
C2
C4
C6
Exame de preguntas obxectivas Cuestionario de preguntas objetivas relativo a la parte IV del programa 8 A2
C1
C2
C4
C6
Exame de preguntas de desenvolvemento Examen de preguntas de desarrollo relativo a la parte IV del programa 3 A2
C1
C2
C4
C6
Exame de preguntas obxectivas de preguntas objetivas relativo a la parte V del programa 8 A2
C1
C2
C4
C6
Exame de preguntas de desenvolvemento Examen de preguntas de desarrollo relativo a la parte V del programa 3 A2
C1
C2
C4
C6
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CLASES Y EXAMES DE TEORIA:

O profesor estrutura e/ou explica os obxectivos e contidos de cada tema e responde ás preguntas formuladas polo alumnado. Ao final de cada clase, os alumnos terán en Moovi as presentacións comentadas na aula, vídeos demostrativos e ligazóns a textos de libre acceso. Durante o cuadrimestre o profesor avaliará ao alumnado mediante 5 probas dun máximo de 25 minutos cada unha que constarán de preguntas obxectivas e/ou de desenvolvemento. As probas suspensas ou non superadas poderán ser recuperadas na Segunda Convocatoria mediante un exame que constará de preguntas obxectivas e/ou de desenvolvemento. Poranse a disposición do alumnado cuestionarios de autoavaliación.

Recoméndase a asistencia ás clases maxistrais. O material explicado na clase poderá non estar incluído na súa totalidade nas exposicións que se porán a disposición dos alumnos. Por outra banda, a asistencia avaliarase mediante a realización de traballos e probas de atención que se entregarán na aula ao final da clase e que poden achegar ata 1 punto adicional á nota final da materia.

AVALIACIÓN CONTINUA:

O alumnado deberá superar, con polo menos 5 puntos sobre 10, cada unha das 5 probas parciais de teoría. Para superar a parte práctica, a nota global debe ser como mínimo de 1,65 (suma porcentual da nota do exame e dos resumos). Exemplo: (4,5 exame x 0,28) + (8,0 resumo x 0,05) = 1,26+0,4 = 1,66 (aprobado). No caso de non acadar a nota mínima nalgunha das probas teóricas parciais, ou 1,66 na parte práctica, a nota en Actas (Primeira convocatoria) será a nota máis alta dos suspensos. Só se poderán recuperar na Segunda Convocatoria as probas teóricas parciais e as probas prácticas suspensas, conservando as cualificacións das superadas durante o cuadrimestre. A cualificación dos seminarios non será recuperable na Segunda Convocatoria.

AVALIACIÓN GLOBAL:

Excepcionalmente, o alumnado que renuncie á avaliación continua poderá solicitar a avaliación global e realizar o exame completo da materia (contidos teóricos e prácticos) no prazo que estableza o centro. A dita avaliación realizarase nas datas oficiais da primeira e segunda oportunidade.

EN AMBAS MODALIDADES DE AVALIACIÓN:

O alumnado que, tendo suspenso a proba global ou algunha das probas parciais do cuadrimestre, non se presente á súa recuperación na Segunda Convocatoria, figurará na Acta como "Non Presentado".

AVALIACIÓN DO ALUMNADO MATRICULADO POR SEGUNDA OU SUCESIVAS VECES

Avaliación continua: 

Gardaranse as cualificacións da parte teórica e práctica superada, así como dos seminarios (durante 2 anos). Se así o consideran, poderán acudir voluntariamente ou non ás prácticas.

Avaliación global: 

Excepcionalmente, o alumnado que renuncie á avaliación continua poderá solicitar a avaliación global e realizar o exame completo da materia (contidos teóricos e prácticos) no prazo que estableza o centro. A dita avaliación realizarase nas datas oficiais da primeira e segunda oportunidade.

Outros comentarios

O alumnado non poderá dispoñer de teléfono móbil ou outro dispositivo electrónico na clase salvo que sexa necesario para a realización dunha actividade, que será previamente comunicada polo profesorado.

Datas de exame final: bioloxia.uvigo.es/es/docencia/examenes

Requírese un comportamento responsable e honesto do alumnado que curse esta materia. Considérase inadmisible calquera forma de fraude (copia ou plaxio) dirixida a falsear o nivel de coñecementos e habilidades acadados en calquera tipo de proba, informe ou traballo. A conduta fraudulenta pode levar a suspender a materia durante todo o curso. Destas actuacións levarase un rexistro interno para, en caso de reincidencia, solicitar a apertura de expediente disciplinario ao reitorado.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000