Traballo tutelado |
Os traballos, de carácter colaborativo, versarán sobre distintas temáticas relacionadas coa materia. Poderán ser exclusivamente bibliográficos ou incorporar observacións de campo. Cada grupo terá un número mínimo de cinco compoñentes, asignados aleatoriamente ao principio do curso. Cada alumno será responsable de, alúmenos, un dos apartados en que se estruture o traballo e do resultado final de todo o conxunto.
A profesora realizará o seguimento dos progresos da súa elaboración a través de titorías individualizadas ao longo do cuadrimestre.
Exporanse publicamente na data programada. |
Presentación |
Os grupos de traballo realizarán unha presentación conxunta, na que participarán todos os integrantes, do tema asignado para expoñela públicamente |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Na plataforma MOOVI, ademais dos contidos e presentacións do programa teórico, o alumno dispoñerá de cuestionarios para cada lección a fin de reforzar a correcta comprensión dos conceptos estudados. É imprescindible a súa resolución para acceder aos contidos da seguinte lección. |