Resolución de problemas de forma autónoma |
Outras actividades avaliables (exercicios, comentarios, entregas parciais etc.): 10%.
Recensión crítica de bibliografía: 30%. |
40 |
|
|
|
|
Presentación |
Un 10% da cualificación correspóndelle á exposición oral na aula: (i) da recensión crítica de bibliografía e (ii) do traballo titorizado (con cadanseu 5%).
As exposicións durarán, aproximadamente, 15 minutos, e nelas non se poderá ler. Poderase empregar un pequeno guión ou acompañar a exposición de axudas audiovisuais, mais a presentación oral non pode constituír a simple lectura deste material. |
10 |
A4
|
|
C5 C9
|
D6
|
Os traballos (recensión crítica e traballo titorizado), para seren avaliados, téñense que ir entregando dentro dos
prazos que se marquen. Cómpre superar os dous. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera dos traballos suporá un cero nesa proba. Para as exposicións orais, o alumnado que o precise -e sempre que a(s) universidade(s) forneza(n) un/ha intérprete- poderá empregar a lingua de sinais.
Quen
opte por un réxime semipresencial (ou o alumnado cunha dispensa académica oficial) terao que comunicar por correo
electrónico antes do inicio da materia. Forneceranse as indicacións
para que se poidan adquirir os contidos teóricos e deberanse ir realizando nos prazos que se marquen as
actividades avaliables do curso (incluídos os traballos, que son obrigatorios). Para
a segunda convocatoria (mantéñense
os mesmos criterios ca na primeira) manteranse os aptos obtidos na primeira e
proporcionaranse indicacións para superar as actividades (que seguen a ser as mesmas da primeira edición das actas) que non se entregasen
ou non alcanzasen o apto. Cualificación de 'non presentado': recibirán esta cualificación só os/as estudantes que non entreguen ningún dos dous traballos obrigatorios. |