Prácticum, Practicas externas e clínicas |
Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención personalizada por parte do/a titor/a profesional en modalidade presencial (na empresa ou institución) e/ou en modalidade virtual (a través do correo electrónico ou calquera outro medio virtual que a empresa ou institución considere oportuno). Esta atención personalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas co desenvolvemento das prácticas externas na institución ou empresa seleccionada, proporcionándolles orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. |
|
Seminario |
Para un óptimo seguimento e aproveitamento da materia, o alumnado contará con atención personalizada en modalidade presencial (no despacho do/a titor/a académico/a durante o horario de titorías) e/ou en modalidade virtual (a través das ferramentas que ofrece a plataforma MooVi e/ou o correo electrónico e/ou Campus Remoto). Esta atención personalizada estará encamiñada a atender as necesidades e consultas do alumnado relacionadas coa planificación do prácticum (obxectivos e tarefas a desenvolver) e a elaboración da memoria de prácticas, proporcionándolles orientación, apoio e motivación. |
|