Presentación |
Presentacións : o estudantado deberá realizar 2 presentacións orais asignadas que buscarán o entendemento crítico das teorías culturais e literarias .
Presentación 1: "case study" (caso práctico)
Presentación 2: "leading discussion" (artigo teórico) |
40 |
A1 A3 A4 A5
|
B4
|
C12 C15 C22 C26
|
D5 D6 D11 D13
|
Os traballos escritos poderán ser revisados con Turnitin para detectar citas incorrectas, plaxio ou calqueira outro tipo de fraude. A copia ou plaxio total ou parcial en cualquera tipo de traballo ou examen suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
Ao comezo do curso se indicarán aquelas lecturas de carácter obligatorio nas que se basearán os debates de aula e as presentacións.
Primeira edición das actas:
Participación en debates na clase: 20% Presentación 1 (40%) + Presentación 2 (40%). Para a avaliación do curso teranse en conta as habilidades escritas e orales en inglés, a capacidade de articular unha hipótese e a súa discusión, asistencia e participación na clase.
Segunda edición das actas:
Os estudiantes que non aproben na primeira edición das actas poderán volver a presentarse na segunda edición das actas, na data acordada coa profesora. Entón, terán que demostrar que adquiriron as habilidades para cada módulo por medio de dous tipos de avaliación: un proxecto supervisado co mesmo valor de porcentaxe e características que o da primeira edición das actas e, ademáis, os exercicios acordados coa profesora como sustitución das outras actividades do módulo.
Alumnado non presencial:
Os estudantes que non asisten ás clases presentarán un traballo final escrito que contará o 100% da nota final. "A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente." |