Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Máster Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
 Materias
  Inglés para Fins Específicos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Participación nos exercicios e discusións na aula, así como nos debates sobre as lecturas obrigatorias do curso. 20 A1
A2
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
C1
C2
C3
C4
C5
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D11
Foros de discusión Debate sobre os contidos do curso na plataforma Moovi. 10 A1
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B6
C1
C4
C5
D1
D2
D3
D7
D9
D11
Presentación Presentación oral sobre algunha das perspectivas de investigación do Inglés para Fins Específicos. 30 A1
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C2
C3
C4
C27
D2
D5
D7
D8
D9
D11
D19
D20
Traballo Proposta de investigación en Inglés para Fins Específicos. 40 A1
A4
A5
B1
B2
B3
B4
B5
B6
B9
C1
C2
C3
C4
C27
D1
D2
D4
D7
D8
D9
D19
D20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Primeira edición de actas:

1. Avaliación continua:

Para a avaliación continua computarán os parámetros obrigatorios descritos en 'Avaliación' (coa ponderación na calificación final proposta). Este sistema de avaliación require a asistencia regular e a participación activa nos seminarios.

Será requisito indispensable para poder facer media na primeira edición de actas obter como mínimo un 5 (sobre 10) en cada un dos compoñentes da avaliación. O alumnado poderá recuperar a(s) parte(s) suspensa(s) na segunda edición de actas.

2. Alumnado con exención oficial de asistencia:

O alumnado con exención oficial debe comunicalo ao profesorado preferiblemente na primeira sesión do curso e, en calquera caso, nunca máis tarde da terceira semana do cuadrimestre. Este alumnado será avaliado mediante probas de autoevaluación a través de Moovi, que suporán o 20% da nota, e un traballo e un exame, ambos cun valor do 40% da nota final.

Será requisito indispensable para poder facer media na primeira edición de actas obter como mínimo un 5 (sobre 10) en cada un dos compoñentes da avaliación. O alumnado poderá recuperar a(s) parte(s) suspensa(s) na segunda edición de actas.

Segunda edición de actas:

O alumnado que suspenda algún/s (dos) compoñente(s) obrigatorio(s) da materia na primeira edición de actas poderá recuperar esa(s) parte(s) nesta segunda edición. No caso do suspender o traballo na primeira edición de actas, o alumnado deberá entregar unha nova proposta nesta segunda oportunidade. No que respecta ás actividades formativas na aula (presentación, foros de discusión e resolución de problemas), o alumnado deberá realizar un examen escrito nunha data acordada co profesorado.

Para superar a materia na segunda edición de actas, será necesario obter como mínimo un 5 (sobre 10) no exame e no traballo.


Observacións:

Na avaliación do alumnado terase en conta non só o contido das súas actividades formativas, senón tamén a precisión no uso dos termos e conceptos relacionados co IFE; o rigor, a orixinalidade e a claridade na exposición dos seus argumentos e da súa proposta de investigación; o cumprimiento dos prazos de entrega das tarefas, e o uso dun estilo académico, tanto oral como escrito, correcto e apropiado.

Tal e como se recolle nos Artigos 40-42 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e o proceso de aprendizaxe do estudantado (aprobado no claustro do 18 de abril de 2023),

"A actuación fraudulenta en calquera proba de avaliación implicará a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación da convocatoria correspondente, iso con independencia do valor que sobre a cualificación global desta tivese a proba en cuestión e sen prexuízo das posibles consecuencias de índole disciplinaria que poidan producirse."

Alegar descoñecemento das implicacións e consecuencias do plaxio ou de calquera outro tipo de fraude académica non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade sobre esta cuestión nin sobre as posibles consecuencias de índole disciplinaria.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000