Esta materia concíbese como un espazo didáctico que servirá ao estudantado, en primeiro lugar, para alcanzar competencia profesional no proceso de elaboración de subtítulos e, en segundo lugar, para reflexionar sobre os problemas xurdidos no proceso, analizalos criticamente e defender as solucións adoptadas. Ademais, introducirase ao estudantado na técnica do refalado.