Estudo de casos |
Os estudantes deberán levar a cabo diferentes actividades de análises dos aspectos culturais dalgúns produtos multimedia: análise de produtos audiovisuais e elaboración dun perfil para a localización de páxinas web. |
30 |
|
B1 B11 B14 B17
|
C7 C11 C12
|
|
Presentación |
Exposición individual das lecturas de primeiro bloque de contidos. |
15 |
|
B1 B13
|
C7 C12 C13
|
|
Dado que a materia se concibe como unha primeira aproximación á investigación sobre os aspectos culturais implicados na tradución multimedia, concederase especial importancia á redacción das diferentes tarefas encomendadas, que deberán axustarse aos estándares da redacción académica. Consecuentemente, aqueles traballos que presenten unha redacción deficiente ou excesivamente
informal e/ou que incumpran as normas ortográficas gramaticais e de puntuación recibirán automaticamente a cualificación de SUSPENSO. Para superar a materia non é obrigatorio asistir ás sesións presenciais. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN Na segunda convocatoria, os estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade de avaliación deberán completar os traballos que non entreguen ou resolvan de maneira satisfactoria durante o curso. Para iso, fíxase un prazo máximo de recepción dos devanditos traballos ata o 21 de xuño de 2024. |