-Para poder seguir a materia cómpre ter un coñecemento activo elevado do galego oral, polo menos un B2.
-A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
-Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
-É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións etc.) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización de probas.
-O primeiro día de clase, o profesor proporcionará unha bibliografía básica de traballos sobre fonética galega, dos cales os estudantes poderán elixir algúns para o seu resumo como alternativa ós indicados polo profesor. |