Educational guide 2024_25
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita en galego
   Recomendacións


 
Outros comentarios
- Para poder seguir a materia cómpre ter un coñecemento activo elevado do galego oral e escrito, por lo menos un B2. - A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto. -A persoa docente poderá facer unha proba de avaliación alternativa a maiores das contempladas nesta guía en caso de que sospeite de que algún traballo (oral ou escrito) ou exame (oral ou escrito) se teña feito total ou parcialmente usando ferramentas de Intelixencia Artificial sen telo declarado. Neste sentido, dada a imposibilidade de probar a utilización da IA, a mera sospeita por parte da persoa docente será condición suficiente como para que a proba suxeita a xuízo se anule e se substitúa pola proba alternativa, que se realizará en data e hora establecida pola persoa docente. -Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. -É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma MOOVI (novidades, documentos, cualificacións etc.) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización de probas. -O primeiro día de clase, o profesor proporcionará unha bibliografía máis completa sobre a materia así como os enlaces a dicionarios e outro material en liña.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000