Alumnado presencial Serán valoradas, cunha porcentaxe de 25% da nota (25% presentación + 25% resolución de problemas), as diferentes probas, que de forma paralela ao desenrolo do temario pediranse ao estudiantado. A entrega destes exercicios realizarase a través da plataforma Moovi no prazo acordado. Quen non entregue as actividades nas datas sinaladas deberá presentarse á avaliación única. O día de presentación na aula da análise da obra contemporánea será previamente acordada coa profesora. O día sinalado pola Facultade na convocatoria de maio realizar unha proba que consistirá nunha resposta de desenvolvemento relacionada co temario que terá unha porcentaxe do 25% da nota final e outra de comentario de textos das lecturas do programa cun porcentaxe de 25% A nota resultante da avaliación continua será a suma de ata un 50% do total de resolución de problemas mais presentación da análise e ata un 50% do total da proba de desenvolvemento. e comentario de texto En caso de suspender poderase presentar ao exame fixado pola Facultade na convocatoria de xuño/xullo que consistirá nunha proba global sobre a totalidade da materia do programa. A avaliación única consistirá na realización dun exame nas datas sinaladas pola Facultade nas convocatorias de maio e xuño/xullo. En devandito exame o estudiantado deberá contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. A parte teórica, que representará o 60% da nota, versará sobre contidos relacionados co temario. A parte práctica, que representará o 40% da nota, incluirá aspectos do programa traballados nas clases prácticas. Para poder superar o exercicio na avaliación única será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. Alumnado semipresencial É altamente recomendable a asistencia á presentación da materia o primeiro día de clase. É necesario que se dean de alta en Moovi para a consulta do material e entrega de probas. Para optar á evaluación continua é obligatorio asistir a unha sesión de tutoría que pedirá o alumnado a través de correo a principio de curso. Se non se asiste a sesión de tutoría deberá optar pola evaluación única. Para ter dereito á avaliación continua o alumnado semipresencial deberá realizar, obligatoriamente, as actividades sobre cada tema que se proporcionarán en moovi e entregalas no prazo acordado, tamén a través da plataforma. Si non se entregan estas probas nas datas marcadas deberá presentarse á avaliación única. A nota resultante da avaliación continua será a suma de ata un 50% do total de resolución de problemas mais presentación da análise e ata un 50% do total da proba de desenvolvemento. e comentario de texto En caso de suspender poderase presentar ao exame fixado pola Facultade na convocatoria de xuño/xullo que consistirá nunha proba global sobre a totalidade da materia do programa. A avaliación única consistirá na realización dun exame nas datas sinaladas pola Facultade nas convocatorias de maio e xuño/xullo. En devandito exame o estudiantado deberá contestar varias preguntas teóricas e prácticas relacionadas co temario. A parte teórica, que representará o 60% da nota, versará sobre contidos relacionados co temario. A parte práctica, que representará o 40% da nota, incluirá aspectos do programa traballados nas clases prácticas. Para poder superar o exercicio na avaliación única será necesario obter, como mínimo, un 3 na parte teórica e un 2 na práctica. |