AVALIACIÓN CONTINUA: As metodoloxías descritas na táboa anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas só se aplican ao sistema de avaliación continua. Para acollerse a esta forma requírese: - Comunicarlle á docente a través de Moovi a elección deste sistema de avaliación antes do 28 de febreiro. - Entregar nas datas establecidas os encargos e as actividades propostos ao longo do curso.
AVALIACIÓN ÚNICA: Haberá dúas datas posibles: a) Primeira edición de actas (maio): na data fixada pola facultade. b) Segunda edición de actas (xuño/xullo): na data fixada pola facultade. A avaliación única constará das seguintes probas: 1. Exame final de 2 horas de duración realizado na aula. Permítese o uso de fontes documentais en papel ou telemáticas. Este exame suporá o 100 % da nota. SEGUNDA CONVOCATORIA (XUÑO/XULLO): Para aprobar a materia en segunda convocatoria, o alumnado deberá superar as mesmas probas descritas para a avaliación única (ver máis arriba). O exame terá lugar na data fixada pola facultade para a convocatoria de xuño/xullo.
Asistencia O alumnado que se acolle ao sistema de avaliación continua ten que poder asistir ás clases de forma regular. O alumnado que desexe cursar a materia en réxime de avaliación continua pero que, por razóns xustificadas, non poida asistir ás clases deberá comunicarlle esta circunstancia á docente para buscar as alternativas correspondentes. Plaxio A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. Corrección lingüística A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística. Teledocencia É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. |