Guia docente 2024_25
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma Realizaranse dous encargos de tradución uno por cada parte do temario.
O primeiro entregarase a mediados de cuadrimestre
O segundo a antepenúltima semana de clase.
É necesario obter unha nota mínima de 4 no encargo de cada parte para facer a media co exame da mesma parte. .
O encargo debe ir acompañado de: análise do TO, comentario de dificultades, bibliografía e fontes de documentación consultadas e outros aspectos que se poidan indicar
como, por exemplo, facturas.
Poderase pedir, ademais do indicado, unha xustificación oral de solucións
tradutoras adoptadas. Non se permite a posedición. De detectar o seu uso,
a cualificación será 0 (cero).
40 C2
C3
C4
C8
C9
C14
D2
D6
D17
D22
Prácticas con apoio das TIC Entregaranse unha serie de exercicios que se elaborarán en clase segundo as indicacións da profesora e os contidos explicados previamente. 20 C2
C3
C4
C8
C9
C14
C28
D2
D6
D22
Resolución de problemas e/ou exercicios Realizaranse dúas traducións en tempo controlado (2 horas) para cada unha das partes do temario.
A primeira será a segunda semana de marzo.
A segunda será na data oficial fixada pola FFT para esta materia.
Cada unha das traducións contará o 50% desta parte. É necesario que cada unha delas supere o 5/10 para poder facer media coas notas das demais actividades.
40 C2
C3
C4
C8
C9
C14
C28
D2
D6
D15
D17
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consultar os
materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das
datas  de entrega de traballos, probas, etc.

De acordo coa normativa da Uvigo respecto da
avaliación de traballos, encargos, etc:  se se detéctase que estes (ou
algunha dos seus partes) son plaxios ou non son de autoría propia, a 
cualificación dos mesmos será 0. Considérase plaxio o uso de programas de
tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións.
Alegar descoñecemento destas cuestións non eximirá o alumnado da súa
responsabilidade en relación coas mesma
s.

AVALIACIÓN CONTINUA

1- O alumnado deberá informar o profesorado nas dúas primeiras semanas de clase a súa decisiónn de acollerse á avaliación continua ou non. Para esta recoméndase a asistencia continuada a clase.

2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases, deben comunicalo persoalmente á profesora para que esta tome as medidas compensatorias para facilitar a conciliación laboral e familiar.

3- O non entregar algún dos dous encargos ou non realizar algunha das dúas probas implicará a pérdida do dereito á avaliación  continua e a anulación de todas cualificacións obtidas anteriormente. Terá que presentarse á convocatoria única

4- O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria  extraordinaria de xullo na data publicada polo decanato. Só deberá repetir o encargo e/ou exame da parte que suspendeu (bloque administrativo, bloque económico).

AVALIACIÓN ÚNICA E CONVOCATORIA OFICIAL DE XUÑO

A convocatoria única de maio e a extraordinaria de xuño constará de:

1- Unha traducción dunhas 500/600 palabras aprox. para a parte de textos administrativos, que se realizara na data oficial da convocatoria respectiva. 50% da nota.

2. Un encargo de traducción para a parte de textos económicos. Para este se dará un prazo dunha semana. Pedirase a xustificación das solucións de tradución. 50% da nota.

É necesario aprobar ambas as traducións para obter a media. De non ser así a cualificaión será de suspenso.

Si na convocatoria de maio só  se aproba unha das partes, guardarase esa nota  soamente até a convocatoria extraordinaria de xuño.

A copia ou o plaxio serán penalizados coa cualificación de 0 que contará para realizar as medias.

Todo o material para poder cursar a materia atoparase a disposición do alumnado na plataforma Moovi.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000