Traballo tutelado |
Dúas encomendas de tradución: tradución e comentario crítico tradutolóxico.
A primeira será individual e suporá un 30 % da nota.
A segunda será en grupos de tres persoas e suporá un 20 % da nota final.
Datas de entrega: 12 de marzo e 10 de abril.
O estudantado ten que aprobar polo menos unha das encomendas para superar a materia. |
50 |
A1 A2 A3 A4 A5
|
|
C2 C3 C5 C8 C12 C15 C17 C18 C21 C22 C25 C27
|
D4 D6 D7 D8 D9 D10 D13 D14 D16 D18 D23
|
Todo o alumnado ten que ler unha novela escrita orixinalmente en inglés. ALUMNADO DE AVALIACIÓN CONTINUA: O alumnado que segue a avaliación continua debe entregar en prazo (en Moovi) todas as probas e tarefas avaliables. As datas poden modificarse se fose absolutamente necesario (sempre previa consulta co estudantado). A asistencia ás clases e a participación activa nas tarefas non availables terase en conta na nota final. Para este alumnado na convocatoria de xullo manteránse as notas aprobadas na convocatoria de maio/xuño, cando unha das encomendas estea aprobada. No caso contario, en xullo terá que facer a proba única co 100 % da nota final. ALUMNADO DE AVALIACIÓN ÚNICA: O alumnado de avaliación única terá dúas convocatorias de exame: maio-xuño e xullo, nas datas oficiais da FFT. O exame consistirá nunha tradución con comentario crítico (5 puntos; pódense usar fontes telemáticas) e nunha proba teórica (5 puntos), que consistirá nunha análise contrastiva texto fonte-texto meta dun texto literario e cuestións teóricas da materia, incluíndo as lecturas e a novela obrigatoria. Non se permitirá empregar materiais auxiliares nin ordenador na parte das cuestións teóricas. Os textos serán fragmentos das obras traballadas na materia (encomendas incluídas). Deberá superar as dúas probas da materia. Non se gardarán partes aprobadas para xullo. As tarefas poden entregarse en calquera das dúas linguas (inglés ou español). A avaliación terá en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística. A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un cero nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e de estar ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
|